Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
Dirección xeral de Patrimonio Cultural
1 2 3 4 5

 

Tipo de ben:       

 

Concello:

 

Tipo de ben:       

 

Provincia:

 

Concello:

 

Tipoloxía:

 

Denominación:

 

O patrimonio cultural de Galicia é constituído por tódolos bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deban ser considerados como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

Co obxecto de contribuír á protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, así como á súa investigación e transmisión ás futuras xeracións a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, creou o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia como instrumento básico de xestión adscrito á Consellería de Cultura e Deporte, no que se relacionan os ben de interese cultural, os bens incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e se inscriben os bens inventariados.

O Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, cuxa formación e conservación corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ten por finalidade:

  1. Facilitar a tutela xurídico-administrativa do patrimonio cultural de Galicia e a aplicación do réxime xurídico que corresponda a cada ben incluído nel.
  2. Contribuír ao coñecemento do patrimonio cultural de Galicia servindo de apoio ás actividades de investigación, conservación e enriquecemento deste.
  3. Facer posible a difusión do patrimonio cultural de Galicia mediante a consulta do seu contido.